13 Grados é unha cooperativa galega sen fins de lucro formada por Sara Carrasco e Silvia Iglesias dende a que buscamos achegar o medio mariño ao noso carón ás persoas.
Grazas ás imaxes submarinas que acadamos durante os mergullos na costa galega contamos cun amplo material audiovisual que nos permite crear contidos nos que apoiar as nosas actividades e ser testemuñas directas da vida baixo o mar. Obradoiros, experiencias submarinas inmersivas, roteiros interpretados… que aunan educación ambiental mariña e ocio para amosar a personalidade do patrimonio natural somerxido galego.
Estas actividades permiten que concellos, centros educativos ou espazos naturais dean a coñecer a biodiversidade da súa contorna e inviten ás persoas participantes a somerxerse na riqueza e importancia do medio mariño, sempre dende unha perspectiva de conservación e dun xeito ameno e didáctico.