Son peixes moi particulares, con formas e comportamentos curiosos, que engloban aos cabalos de mar e ás agullas bravas. Signátido significa coas mandíbulas fusionadas, polo que estas especies posúen longos fociños para pode succionar ás súas presas. Outro dato moi chamativo é que son os machos os que "quedan preñados", dispoñen dunha bolsa incubadora ou unha pegañenta parede ventral para portar os ovos durante o seu desenvolvemento.
En Galicia contamos con 2 especies de cabalos de mar e 8 de agullas bravas, aínda que non todas son sinxelas de atopar, xa que a camuflaxe é unha das súas maiores habilidades.