TETRAODONTIFORMES

Esta orde inclúe unha ampla cantidade de especies, a maioría habitantes de augas máis quentes como os peixe globo e cofre, pero en Galicia pódense ver algúns dos seus representantes, como a roda ou peixe lúa (Mola mola) e o peixe porco (Balistes capriscus).

 Neste peixes o corpo non é flexible para xerar movementos de desprazamento, esta capacidade queda reducida só á aleta caudal, e moitos presentan curiosas formas. Coa tropicalización que están a sufrir as augas galegas debido ao cambio climático, cada vez son máis as especies deste grupo que aparecen ocasionalmente nas nosas costas, entre elas varias de peixe globo.