Os ceriantos tamén son ANTOZOOS, máis coñecidos como anemones tubo, xa que son moi semellantes ás anemones pero de maior tamaño e caracterízanse por dispoñer de dous tipos de tentáculos (que non poden retraer): os tentáculos orais, na parte interior do disco, que son de menor tamaño, e os tentáculos exteriores, máis longos e anchos, que rodean o disco.
Os ceriantos viven nos fondos areosos enterrando parte do corpo para ancorarse e crean so redor do coerpo un tubo protector (outra diferenza importante coas anemones) no que acubillarse ante circunstancias adversas. Deste xeito, aínda que non poden repregar os tentáculos, si poden agochalos neste tubo protector.
Adoitan ser solitarios e de coloración variable. É habitual que, ao igual que acontece coa anemone común, pequenos animais busquen acubillo e protección baixo os seus tentáculos, especialmente os caranguexos araña.