ELABORACIÓN DE GUÍAS VISUAIS

Empregar ferramentas prácticas e didácticas coas que iniciarnos na observación da natureza axúdanos a transmitir o valor do patrimonio natural. As guías visuais permiten recoller unha mostra completa da biodiversidade da contorna e transmitir contidos de interese que reflictan a riqueza e importancia das diferentes especies de fauna e flora que viven en equilibrio nos ecosistemas que nos rodean.

Son un bo complemento durante as andainas na natureza ou como ferramenta de traballo nos centros educativos, ademais de aportar unha lectura amena e inclusiva.

Contamos cun amplo abano de ilustracións e fotografías propias que nos permiten dispor de imaxes detalladas das especies a recoller na guía.

CREACIÓN DE DESPREGABLES E MATERIAL DE IDENTIFICACIÓN

Mediante despregables e dípticos acadamos un formato portátil e cómodo co que achegar a información básica de diferentes espazos naturais ou especies de interese. Un xeito sinxelo de iniciarnos na observación e coñecemento da vida que nos rodean.

Este tipo de deseños permítennos concentrar información útil para a identifivación e tamén información que axude a coñecer as ameazas que poñen en risco diferentes ecosistemas e recoller recomendacións para aportar o noso gran de area na súa conservación.

PRODUTOS PARA A DIFUSIÓN DE PROXECTOS

O uso da ilustración tanto tradicional como dixital pode dar pé á creación de diferentes composicións realizadas á medida para transmitir os contidos de diferentes proxectos vencellados ao ámbito científico, educativo e de natureza.

Un xeito diferente de dar a coñecer as actuacións levadas a cabo nun formato cómodo e práctico.

ESTÁS INTERESAD@ EN CREAR ESTE TIPO DE MATERIAL?
Contacta con nós en 13gradosvigo@gmail.com