EXPOSICIÓNS
Ás veces, unha imaxe vale máis ca mil palabras. As exposicións de fotografías e/ou ilustracións son outra das actividades que organizamos. A través das imaxes podemos mostrar os detalles ou acontecimientos que nos sorprenderon baixo o mar, retratar animais emblemáticos ou reflectir o coloridos e diversos que son as súas paisaxes. Pero tamén nos dan pé a contar como desenvólvese a vida no fondo mariño ou a reflexionar sobre as ameazas que poñen en risco o seu equilibrio natural.