Os HIDROZOOS tamén son coloniais e teñen aspecto peludo. Adoitan ter unha fase de pólipo e outra de medusa, aínda que predomina a fase de pólipo; e normalmente buscan zonas iluminadas para crecer. O seu aspecto pode ser semellante ao dalgunhas algas e, sobre todo, ao dalgúns briozoos, aínda que algúns tamén se coñecen como fentos mariños, pola semellanza coas plumas. Xunto ás esponxas e os briozoos, son os animais que con máis abundancia cobren as rochas.