EXPERIENCIAS INMERSIVAS SUBMARINAS
LEVAMOS O FONDO DO MAR ONDE TI ESTEAS
Unha viaxe submarina para desfrutar en centros educativos, congresos, actividades divulgativas… que nos permitirá visitar dende os fondos rochosos do Parque Nacional das Illas Atlánticas aos bosques de algas xigantes, e onde poder descubrir como son baixo a auga as bateas ou que se sinte estando cara a cara cun polbo.