CRUSTÁCEOS

Os crustáceos son incriblemente numerosos e diversos en formas, tamaños e hábitat. Actualmente hai máis de 60.000 especies descritas, pero estímase que aínda hai que descubrir entre 5 e 10 veces este número. Son os animais máis estendidos e abundantes en todos os océanos, aínda que tamén viven en augas salobres e doces, e mesmo en terra firme, coma a pulga de praia ou a cochinilla de mar (que podemos ver coa marea baixa). E todo isto sen ser nin sequera un filum biolóxico (coma as esponxas, equinodermos ou moluscos), senón unha subfamilia dentro da ampla familia de artrópodos, que tamén inclúe outras clases como insectos ou arácnidos. De feito, xunto aos seus parentes, os insectos, os crustáceos forman o 80% dos animais coñecidos, o que, a pesar do antropocentrismo, lévanos a definir a época na que vivimos como o período dos artrópodos (Hickman et al. 2009).

A pesar desta enorme variedade, todos teñen certas características que os converten en crustáceos:

  • Teñen o corpo dividido en 3 partes: cabeza - tórax (que se pode fusionar nunha soa cuncha ou cefalotórax) - abdome, que se segmenta en anacos ou aneis máis pequenos, os metámeros (xeralmente teñen entre 16 e 20). Canto máis evoluciona o crustáceo, menos cantidade de metámeros ten.
  • Son os únicos artrópodos que teñen dous pares de antenas.
  • Ademais, o nome de crustáceos (de costra) indica outra das súas características, teñen un esqueleto de quitina externo e articulado, que periodicamente mudan a medida que medran. Cando se produce esta muda (écdise) son especialmente vulnerables, o que os move a esconderse en fendas ou enterrarse na area para protexerse ata que a nova cuncha gañe consistencia. Moitas funcións vitais están asociadas a esta mudanza, como a reprodución ou a alimentación.

    MUDA DUNHA CENTOLA

  • Como artrópodos tamén teñen "patas articuladas", dúas en cada segmento ou parte do corpo (unha a cada lado), que poden dedicarse a diferentes funcións como a locomoción, a alimentación, a reprodución, a defensa,...

​A gran maioría son animais acuáticos, moitos deles, xeralmente os máis grandes, son bentónicos (viven no fondo mariño) como a nécora ou a centola, mentres que moitos outros, máis pequenos, forman parte do plancto mariño (flotando na columna de auga) coma o krill. Limitarémonos a falar duns poucos grupos, para facilitar a identificación e o coñecemento deses crustáceos que podemos atopar con máis frecuencia e facilidade, ou que nos poden resultar máis familiares: