MOLUSCOS
Os moluscos son unha familia de animais moi numerosa e variada (o mesmo acontece co grupo de crustáceos), pero a pesar de abarcar especies tan diferentes coma os croques, nudibranquios, caramuxos ou polbos, manteñen unha serie de características comúns.
Teñen un corpo brando e con simetría bilateral, a maioría das veces dividido en cabeza, masa visceral ou manto, e pé musculoso (aínda que nalgúns casos falta a cabeza) e moitos deles son capaces de segregar unha cutícula calcaria do manto que cobre o seu corpo para formar unha cuncha.
Como veremos, algúns forman unha única cuncha (lapas ou caramuxos), outros xeran dúas valvas (mexillóns), hainos que reduciron moito o tamaño desta cuncha ou a súa consistencia e conservan este vestixio no seu interior (coma os chocos ou as borrachas) e, outros, directamente, non teñen cuncha (polbo ou nudibranquios), en cambio desenvolveron outros mecanismos de defensa.
Aínda que hai moitas familias de moluscos, imos ver tres grupos básicos, xa que son os máis comúns e coñecidos: